Queen Symphony – Vigo – 28 de xullo

Home > Eventos futuros > Queen Symphony – Vigo – 28 de xullo

O Coro Gli Appassionati e a Banda Artística de Merza estamos de noraboa: repetiremos The Queen Symphony en Vigo este sábado 28 de xullo ás 21:00. O concerto terá lugar no auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo).

Información sobre a venda de entradas para esta data:

  • Prezo único de 10€
  • Para reservar as entradas con antelación, envía un correo a corogliappassionati@gmail.com ou unha mensaxe a través do formulario de contacto da web. Indica o teu nome e apelidos e cantas entradas desexas.
  • Reservarémoschas, e poderas retiralas a teu nome e pagalas o mesmo sábado 28 dende as 20:00 no propio Conservatorio Superior de Vigo.
  • As entradas sobrantes venderanse alí tras despachar as reservadas. Pero recomendamos que as reserves con antelación, xa que o auditorio é pequeno e a disponibilidade de asentos é limitada.