15 de setembro – Casting I Bimbi Appassionati

Home > Eventos pasados > 15 de setembro – Casting I Bimbi Appassionati

Grandes noticias!!

O vindeiro 15 de setembro, a partir das 11:00, celebrarase unha selección de voces para o coro infantil e xuvenil I Bimbi Appassionati, dirixido por Nuria Lorenzo. As probas terán lugar no local de ensaios do coro, sito na rúa Méndez Núñez, nº3, Vigo (no Casco Vello).

Poderán participar tódolos rapaces e rapazas entre 9 e 16 anos de idade.

Se queredes anotarvos ao casting, enviade unha mensaxe a través do formulario de contacto da nosa web, ou un email a corogliappassionati@gmail.com.

Agardámosvos!!