O sábado 10 de maio tedes unha cita dobre coa la familia Gli. No concerto «Sons primaverais» poderedes escoitar a Gli Appassionate e a Gli Amici Appassionati. Ademáis estarán moi ben acompañados polo Orfeâo de Loureiro (Oliveira de Azeméis) e o coro San Vicente de Mañufe (Gondomar).
Tomade nota na vosa axenda: O sábado, 10 de maio, ás 19:30 horas no Centro Cultural Recreativo de Cabral (Vigo)