O Coro Gli Appassionati e a Banda Artística de Merza estamos de noraboa: repetiremos The Queen Symphony en Vigo este sábado 28 de xullo ás 21:00. O concerto terá lugar no auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo).
Información sobre a venda de entradas para esta data:
Reservarémoschas, e poderas retiralas a teu nome e pagalas o mesmo sábado 28 dende as 20:00 no propio Conservatorio Superior de Vigo.
As entradas sobrantes venderanse alí tras despachar as reservadas. Pero recomendamos que as reserves con antelación, xa que o auditorio é pequeno e a disponibilidade de asentos é limitada.