Vodas de Ouro sacerdotais – 22 de xuño de 2018

Home > Eventos pasados > Vodas de Ouro sacerdotais – 22 de xuño de 2018

Este venres 22 de xuño, cara ás 20:30 cantaremos na Parroquia da Nosa Señora de Soidade de VIgo (Hispanidade), co gallo das Vodas de Ouro sacerdotais do párroco D. Alberto Cuevas, que leva xa 50 anos exercendo como sacerdote.

É para nós unha grande satisfacción podermos celebrar con eles esta data tan importante, xa que nesta casa sempre nos acollen cos brazos abertos.

Por isto, celebraremos con eles facendo o que mellor sabemos: música. Nesta ocasión, ademáis, a posta en escea será un pouco diferente do que quizáis agardabades, xa que cantaremos no exterior, na parte axardinada da igrexa, un repertorio popular que inclúe cancións dos Beatles, Leonard Cohen, Los Secretos, etc, e ademáis estaremos acompañados de instrumentistas de indubidable talento e profesionalidade.